Benvidas e Benvidos á esta web

Neste modesto currunchiño da Rede de Redes pretendemos dar a coñercer os proxectos europeos nos que participa a OMIX de Tomiño. Todo isto comezou no ano 2011, a partir dun curso de formación (acción 4.3) dentro do programa Xuventude en Acción. Este proxecto chamouse "Europas nas Fronteiras" e foi o primeiro paso dun camiño que está sendo do máis interesante.

A partir desas Europas que hai nas distintas fronteiras, imos dando pequenos pasos e no 2012 o Concello de Tomiño é unha organización acreditada dentro do Servizo Voluntariado Europeo, e en Xuño de 2012 un grupiño de 5 mozas e mozos participan nun intercambio en Chequia, curiosamente un proxecto que naceu no curso de formación "Europas nas Fronteiras" (setembro 2011), "Hit the Nature".

En setembro de 2012 comezou o proxecto de 2 voluntarias europeas dentro de SVE, Marin de Estonia e Iwona de Polonia. En verán de 2013 chegaron outr@s 2 voluntari@s, Sandra (Rumania) e Joannis (Grecia). Actualmente estase a preparar unha nova acollida para presentar en febreiro de 2015. Tamén temos enviado a 2 mozas do Baixo Miño a proxectos de voluntariado SVE, unha a República Checa e outra a Malta.

En marzo de 2013, Ana Saá participou no Curso de Formación Oral History in Youth Work. No seu blog podes ver unha descrición do que se fixo e botar un ollo ás fotos e vídeos.

O seguinte proxecto alén dos Pirineos foi na República Checa, en Vesela en parcería coa Asociación Vesela Vesnica, e a OMIX de Tomiño enviou 5 participantes.

E chegamos ao 2014, o ano de Tomiño nas Europas, un proxecto feito ao abeiro da acción 5.1 sobre Participación Activa e as Eleccións ao Parlamento Europeo, e do proxecto de intercambio Maigaia, realizado en verán de 2014 con 2 grupos de Estonia e Polonia, coordinados coas 2 primeiras voluntarias SVE acollidas en Tomiño, Marin e Iwona.