Novidades

O Concello de Tomiño, a través da OMIX Tomiño, é parceiro no proxecto de intercambio INFO-see it for yourself que se vai desenvolver en Estonia en febreiro de 2015 (do 18 ao 24), xunto a grupos de Estonia, Lituania, Gales e Italia. O tema do intercambio é a información xuvenil.

 

Hai 4 prazas, e para optar a ellas cómpre enviar o formulario electrónico debidamente cumprimentado antes do 5 de decembro. Os resultados da selección faranse públicos entre o 10 e o 12 de decembro, comunicándose por correo electrónico coas persoas seleccionadas.

 

Lembrade que os gastos de aloxamento, manutención e actividades están cubertas e que contamos con 400 euros por persoa para a viaxe (se sae máis caro, tocará pagar a diferencia). Tamén temos que ter en conta que cada persoa ten que anticipar os gastos de transporte internacional, que logo serán aboados tras o intercambio.

 

Ler máis información do proxecto

 Ver programa provisional

Acceder a formulario electrónico