Omix Tomiño

OMIX é o acrónimo de Oficina Municipal de Información Xuvenil, así que a OMIX Tomiño é un servizo de información xuvenil do Concello de Tomiño, que está integrado na Rede Galega de Información Xuvenil.

A OMIX está ubicada no Campo da Feira do Seixo, no edificio no que antigamente servía para pesar o gando nos días de feira.

Podes contactar coa OMIX no 986 62 33 04, escribir a omix@concellotomino.com ou buscarnos no Facebook.