Xuventude en Acción

Estamos a falar dun program europeo, que no caso de España está xestionado a través da Axencia Nacional Española, representada en Galicia pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

O programa consta de 5 accións diferentes, das que salientamos:

+  Intercambios Xuvení s. Son intercambios de grupos entre mozos e mozas de entre 14 e 25 anos de alomenos 2 países, no que existe a posibilidad de ir uns días (normalmente entre 10 e 15) a outro país, ou acoller a un ou varios grupos doutros países na vosa localidade.

+   SVE. Servizo Voluntariado Europeo  . Ofrece a posibilidade de realizar un voluntariado noutro país durante un máximo de 12 meses, co único requisito de ter entre 18 e 30 anos. O Concello de Tomiño é unha entidade acreditada dentro de SVE (un dos poucos concellos en Galicia), polo que pode enviar e acoller voluntarias/os dentro deste programa.

+ Iniciativas Xuvenís. Se sodes un grupo de mozas/os (mínimo 4) e queredes levar a práctica esas ideas que credes que realmente son interesantes e pagan a pena, esta acción ofrécevos unha cofinanciación interesante. E lembrade que non é preciso estar nunha asociación para participar, chega con ser un grupo de amigos/as!

+ Outros Proxectos. Cursos de Formación, Seminarios, Proxectos de Democracia Participativa... Un sinfín de posibilidades que podes atopar na web do programa.