Cursos de Formación

+ Europas nas Fronteiras foi un curso internacional promovido pola OMIX de Tomiño sobre información básica do programa Xuventude en Acción, realizado en setembro de 2011 con participantes de República Checa, Estonia, Letonia, Eslovenia, Portugal, Austria e Galicia.

+ Meet your Borders é un curso de formación sobre Bibliotecas Viventes con participantes de zonas transfronteirizas de Europa, que se realizou no mes de xullo de 2012 na República Checa. Unha das voluntarias da OMIX de TOMIÑO (María Pérez Pérez) foi unha das participantes

+ Breaking out of the Bubble! é un curso na pequena vila de VESELA, que significa "felicidade" en checo. Neste proxecto participaron 4 persoas de Tomiño, e trátase dunha formación sobre como dar a coñecer estes programas europeos a nivel local. A entidade local que promoveu o proxecto foi VESELA VESNICA.

+ Oral History as a Tool for Intergenerational Learning realizouse en marzo en Liberec (República Checa), e o título é moi descriptivo, xa que trata sobre o uso da Historia Oral como un recurso á hora de deseñar actividades entre xentes de diferentes idades. Está promovido pola entidade LOS e en representación de Tomiño participou Ana Saá, do grupo de voluntariado da OMIX de Tomiño. Ver máis información no blog de Ana.